1. Características da oferta
Establécense dous tipos de acceso: un que incluiría soamente o ximnasio e a zona spa, e outro que no que se engadiría ademais o acceso a todas as actividades dirixidas (ciclo, ioga, pilates, abdominais e estiramentos, GAP, cardiocross, zumba, aquagym, aquazumba).
2. Prezos e períodos
- Acceso ximnasio e spa: 31 €/mes
- Acceso ximnasio, spa e actividades dirixidas: 41 €/mes
3. Procedemento de inscrición
- Realizar a preinscrición nesta web para acreditar a condición de comunidade universitaria (ou achegar ao centro a documentación acreditativa).
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
4. Outras consideracións
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora (reserva previa nas clases dirixidas, etc). Soamente será gratuíta a primeira matrícula. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
5. Máis información e contacto
Páxina web: C.D Coliseum Vigo
Tel.: +34 986 225 201
Correo electrónico: info@coliseumvigo.com
Enderezo: Rúa Areal, 40 – 36201 Vigo (Pontevedra).