Duración: 30 horas (6 sesións de 4 horas + 6 horas de traballo non presencial)
Prazo de matrícula: do 15 ao 22 de outubro de 2026
Prazas ofertadas: 30
Mínimo inscricións requiridas: 24
Obxectivos principais:
Este curso pretende dotar ao alumnado dos fundamentos de deseño 3D, de forma colaborativa. Abórdanse conceptos relacionados coa elaboración de esbozos, planos, ensamblaxes, etc. Aprenderás a deseñar con Autocad desde cero ata alcanzar un nivel de usuario medio.
Desenvolvemento do curso:
Datas: martes 27 de outubro, 3, 10, 17 e 24 de novembro e 1 de decembro de 2026
Horario: de 16:00 a 20:00 h
Lugar de realización: Sala eDestrezas do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Actividades presenciais (24 horas)
Impartiránse os coñecementos incluídos no temario do programa.
Actividades non presenciais (6 horas)
Traballo Autónomo: consisitirá na realización dun proxecto
Docente: Antonio Ballesteros Pazó (Efenga)
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1,2 créditos ECTS para as ensinanzas de grao. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Prazo de matrícula: do 30 de outubro ao 6 de novembro de 2026
Mínimo de inscricións requiridas: 24
Proporcionar as nocións básicas para afrontar un traballo de deseño gráfico
Mostrar o funcionamento das principais ferramentas de debuxo vectorial (Illustrator) e tratamento de imaxe dixital (Photoshop).
Datas: mércores: 11, 18, 25 de novembro, 2, 9 e 16 de decembro de 2026.
Lugar de celebración: Sala eDestrezas do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Impartiránse os coñecementos incluídos no temario do programa. Cada sesión afonda nun tema importante para o deseño gráfico, faise un percorrido polas principais ferramentas de Illustrator e Photoshop relacionadas coa temática e proponse unha práctica
Traballo Autónomo:
Actividade 1: Creación dunha tarxeta de visita
Actividade 2: Deseño dun cartel publicitario
Actividade 3: Realización dunha fotomontaxe
Actividade 4: Elaboración de póster estilo pop art
Actividade 5: Maquetación da portada dunha revista
Actividade 6: Proposta de branding persoal
Docente: Tania Sueiro Graña. (Área de Imaxe- Fundación Universidade de Vigo).
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1,2 crédito ECTS para as ensinanzas de grao. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Prazo de matrícula: do 27 de outubro ao 2 de novembro de 2026
Minimo inscricións requiridas: 24
Tras este curso as persoas asistentes sentiranse familiarizadas co uso da ferramenta ofimática Excel. Traballaranse conceptos relacionados con operacións e funcións básicas e avanzadas, gráficos, análise de datos, vinculación con outras ferramentas de Office, etc.
Datas: venres 6, 13, 20 e 27 de novembro e 4 e 11 de decembro de 2026
Lugar de celebración: Sala eDestrezas do Campus Remoto da Universidade de Vigo
Actividades presenciais (24 horas):
Actividades non presenciais (6 horas):
Traballo autónomo: repaso dos contidos tratados nas clases a través da entrega de traballo individual en Moovi.
Docente: Guillermo Rey González Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo