Descrición: Coincidindo co cincuentenario do inicio da transición democrática, este obradoiro analiza cincuenta anos de política exterior española desde unha perspectiva histórica, politolóxica e internacional. A través de estudos de caso, documentos diplomáticos e debates, o alumnado coñecerá a evolución da acción exterior de España, o seu papel na Unión Europea, na OTAN, en Iberoamérica e no Mediterráneo, adquirindo ferramentas para comprender os principais retos xeopolíticos do século XX.
Este obradoiro ten unha duración de 22 horas máis 2,5 horas de traballo individual.
Programa detallado
Director e docente: Serxio María Rodríguez Álvarez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. Que é o adestramento personalizado en pequenos grupos?
As adestradoras e os adestradores persoais son profesionais da actividade física e do deporte que prescriben o exercicio dun xeito individualizado, tendo en conta os obxectivos que persiguen as persoas usuarias. Este adestramento personalizado pode realizarse en pequenos grupos que compartan obxectivos e característcas para así reforzar a motivación e a adherencia cara o exercicio das persoas usuarias.
2. Persoas destinatarias
Alumnado, PDI e PAS. No caso de que se chegue ao número mínimo de persoas inscritas nalgún dos grupos, abrirase a inscrición ás persoas non universitarias ata completar o aforo.
3. Duración do programa
Dende o 16 de setembro ata o 27 de xuño, incluíndo dúas sesións semanais de exercicio físico en pequenos grupos con monitor (cun máximo 5 persoas en cada franxa horaria) e unha terceira sesión a maiores os venres (CLASE DE GRUPO TIPO CORE, GAP...)
4. Obxectivos principais
Crear hábitos saudables, mellorar a condición física xeral e adquirir coñecementos básicos para unha actividade física segura e saudable.
5. Procedemento de inscrición
1 º Realizar a pre-inscrición nesta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, estas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa pre-insrición e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h.
2 º O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
3 º Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, abrirase o prazo de inscrición para as persoas non universitarias.
6. Sesión de proba
Podes poñerte en contacto co persoal técnico da sala cardio-fitness para concertar unha sesión de proba.
Descrición: Queres sacar máis partido a túa cámara e conseguir fotografías que realmente transmitan? Neste obradoiro aprenderás trucos e técnicas para mellorar as túas imaxes, tanto desde o punto de vista técnico como creativo. Descubre novas posibilidades, desenvolve a túa mirada fotográfica e goza ainda máis facendo fotografías.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas, incluidas 3 horas de traballo persoal.
Director e docente: Santiago Barreiros Camba
Descrición: Obradoiro de creación coreográfica no que exploraremos o corpo, o movemento e o espazo como ferramentas de expresión. A través da improvisación e da composición, as persoas participantes desenvolverán a súa creatividade e construirán colectivamente unha peza que será presentada en diferentes festivais e encontros de danza universitaria. O proceso traballará a presenza escénica, a escoita, a cooperación e a toma de decisións nun espazo seguro, igualitario e inclusivo.
Dirixido a persoas con experiencia previa en danza.
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas.
Directora: Nuria Sotelo docentes: Nuria Sotelo e Mikel Aristegui
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Descrición: Obradoiro práctico no que se explora o corpo como ferramenta de coñecemento, expresión e relación. A través do Body Weather, técnicas Release e Flying Low, achegarémonos ao adestramento física, á conciencia corporal e a nocións básicas de anatomía. A improvisación, a composición espacial e a creación coreográfica permitirannos descubrir novas posibilidades de movemento, potenciar a creatividade e construir unha experiencia colectiva desde a escoita, o respcto e a diversidade.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Directora: Nuria Sotelo Rodríguez docentes: Nuria Sotelo Rodríguez
O propósito fundamental desta proposta é que o alumnado universitario e calquera outra persoa interesada no teatro participen nas fases dun proceso de creación teatral, desde o momento inicial da elección e lectura do texto ata a representación final diante dun público. Trátase de dotar os participantes dun abano de ferramentas para que poidan escoller e descubrir cal é a adecuada forma de desenvolver o seu labor como actor/actriz ou noutras funcións (escenógrafo, figurinista...). Todo se fará mediante exercicios prácticos que pretenden fomentar a capacidade de concentración, memoria, oratoria e expresión, creatividade, imaxinación, sentido do ritmo e a musicalidade… Cabe sinalar que o teatro é un lugar privilexiado para a reflexión e para o dialogo, ademais de ser un instrumento que nos axuda a coñecernos mellor e a relacionarnos cos demais dunha maneira especial.
A modo de resumo, pode dicirse que os seus obxectivos principais son:
Fomentar a lectura de textos teatrais.
Fomentar a capacidade de expresión oral e corporal.
Dar a coñecer as funcións que realizan os compoñentes dun espectáculo teatral: actores, director, escenógrafo, figurinista…
Fomentar a asistencia a espectáculos teatrais.
Fomentar a capacidade de relacionarse cos demais.
Fomentar o traballo en equipo.
Inscrición: As inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata as 23:59 h. do día 29 de setembro. No caso de quedar prazas libres permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
Descrición: Inicio ao mundo do teatro de xeito ameno e creativo, nunha escola teatral de referencia no resto de Universidades estatais.
Este obradoiro ten unha duración de 35 horas.
Director e docente: Fernándo Dacosta Pérez
Descrición: Este obradoiro está destinado a persoas que superaron o 1º nivel. Traballarás na creación do personaxe, coñecerás a dramaturxia e prepararás todos os elementos que rodean unha obra.
Este obradoiro ten unha duración de 40 horas.
Descrición: Irás adentrándote no universo que supón unha posta en escea, coñecendo os elementos técnicos e interpretativos sentindo a creación en grupo.
Este obradoiro ten unha duración de 60 horas.
A Aula Permanente de Música Tradicional do Campus de Pontevedra é un espazo formativo no que a música tradicional debe achegarse dende un enfoque lúdico á vez que proporciona ferramentas para o coñecemento da cultura galega a través de varios eixos: a adquisición das habilidades necesarias para a interpretación musical, o coñecemento da teoría musical e a comprensión dos aspectos sociais e culturais nos que se enmarca a práctica da música tradicional e popular. A docencia estruturarase en torno a tres especialidades que garantan a continuidade da maioría do alumando matriculado nos anos anteriores: gaita,percusión tradicional e zanfona. A maiores, a práctica de conxunto incorporaría a montaxe puntual de repertorio de canto colectivo, entendendo o repertorio vocal como un dos eixos nos que se estrutura a música tradicional galega.
Os obxectivos dun grupo como a Aula Permanente poden tomar como marco de referencia, pola semellanza do proxecto, os da Orde de 11 de marzo 1993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. Sirvan de mostra os seguintes: - O1. Fomentar o coñecemento e apreciación da música - O2. Desenvolver unha oferta ampla e diversificada da educación musical - O3. Ofrecer un ensino instrumental orientada á practica solista e conxunto - O4. Proporcionar un ensino musical complementario á práctica instrumental - O5. Fomentar o interese pola participación e agrupacións vocais ou instrumentais - O6. Organizar actuacións públicas e participar en actividades de carácter afeccionado Estes obxectivos poden concretarse, no marco específico dun proxecto vencellado á música tradicional galega, do seguinte xeito: - O1.1. Coñecer e apreciar a música tradicional galega nas súas diferentes manifestacións vocais e instrumentais. - O1.2. Garantir o recoñecemento e diferenciación dos diferentes xéneros e ritmos que conforman a tradición musical de Galicia. - O2.1. Achegar a música tradicional ós diferentes sectores de poboación como un elemento máis da cadea de transmisión da cultura propia. O3.1. Ofrecer espazos para a práctica instrumental solista dentro de práctica grupal atendendo ás características das formacións de música tradicional propias. - O3.2. Desenvolver e consolidar un repertorio de conxunto, atendendo á expresión musical
e á afinación para practicar a interpretación en grupo nunha formación habitual do instrumento. - O4.1. Adquirir coñecementos básicos sobre os principais intérpretes e o seu repertorio e as diferentes cornamusas para ser conscientes da importancia de preservar o patrimonio da música tradicional. - O4.2. Adquirir coñecementos básicos de teoría musical que permitan unha achega máis consciente á interpretación musical. - O5.1. Coñecer as diferentes formacións propias da música tradicional galega, así como as novas formacións baseadas na música popular galega, e fomentar a participación do alumnado nelas. - O6.1. Realizar audicións públicas prestando atención ós aspectos expresivos e técnicos do repertorio con vistas a unha progresiva profesionalización da interpretación. - O6.2. Fomentar a práctica instrumental como elemento lúdico en espazos alleos á propia Aula.
Os obxectivos O3.1., O5.1. e O6.1, no caso de que o alumnado poida cumprir cos requisitos e as circunstancias así o permitisen, poden ter continuidade coa formación de carácter semiprofesional que se realiza no Grupo de Música Tradicional. Paralelamente, propóñense os seguintes obxectivos: - O7. Realizar exercicios de quecemento, estiramento e concentración de forma guiada coa fin de adquirir hábitos saudables de estudo. - O8. Aplicar os coñecementos musicais teóricos adquiridos na práctica instrumental. - O9. Fomentar a igualdade na música tradicional mediante o estudo do repertorio de compositoras e das referentes.
Grupos e horarios:
16:00 Gaita I
17:00 Gaita II
18:00 Dependendo da demanda, Gaita III ou Percusión iniciación
19:00 Percusión
20:00 Zanfona iniciación
Os grupos distribuiranse de acordo ós criterios da profesora unha vez comezado o curso.
A docente será Marina Fernández Vigo
1.- Entidade organizadora: Universidade de Vigo
2.- Lugar: Campus de Pontevedra.
3.- Modalidades: a competición disputarase nas categorías feminina e masculina.
4.- Participantes: poderá participar 1 equipo de cada universidade galega que deberá estar formado por alumnado, PAS ou PDI. A inscrición realizarase na Universidade de orixe de cada un dos equipos.
5.- Equipo representativo da Uvigo: a selección da Universidade de Vigo conformarase segundo as condicións e criterios establecidos pola Comisión de Extensión Universitaria para a participación en competicións interuniversitarias. Ver os arquivos actualizados que se achegan ao pé desta páxina.
6.- Recoñecemento de créditos ECTS: a participación nun Campionato Galego Universitaro recoñecerase a cada alumno/a con 7,5 h ECTS.
1.- Entidade organizadora: Universidade de Vigo.
2.- Lugar: Campus de Pontevedra
1.- Entidade organizadora: Universidade de Santiago de Compostela
2.- Lugar: Santiago de Compostela
3.- Participantes:
- Poderá participar calquera persoa pertencente á comunidade universitaria dalgunha das tres universidades galegas. A inscrición realizarase na Universidade de orixe de cada nadador/a.
- Non poderán participar máis de 4 nadadores/as dunha universidade por proba. No caso de haber mais solicitudes que prazas, priorizarase en función da marca que cada persoa acredite na dita proba.
- Cada universidade poderá inscribir dous equipos por cada proba de remudas.
- Cada nadador/a poderá participar como máximo en dúas probas individuais.
- Non se poderá mudar a inscrición durante o transcurso da competición.
- Cada proba deberá ter como mínimo tres persoas inscritas. De non ser así, poderase eliminar do programa.
4.- Probas:
- 4*50 Libres masculinos - 4*50 libres femininos - 50 bolboreta masculino - 50 bolboreta feminino - 50 costas masculino - 50 costas feminino - 50 braza masculinos - 50 braza feminino - 50 libres masculino - 50 libres feminino - 200 libres masculinos - 200 libres femininos - 100 bolboreta masculino - 100 bolboreta feminino - 100 costas masculino - 100 costas feminino - 100 braza masculino - 100 braza feminino - 100 libres masculino - 100 libres feminino - 100 estilos masculinos - 100 estilos feminino - 4*50 estilos masculino - 4*50 estilos femininos.
5.- Regulamento: pendente de publicación
6.- Recoñecemento de créditos ECTS A participación nun Campionato Galego Universitaro recoñecerase a cada alumno/a con 7,5 h ECTS.
1. Organizador: Universidade da Coruña.
2. Lugar: A Coruña
3. Participantes
Poderá participar calquera persoa que pertenza á comunidade universitaria dalgunha das tres universidades galegas. A inscrición realizarase na Universidade de orixe de cada particimante. Haberá categoría masculina, feminina e unha terceira de iniciación mixta non competitiva.
4. Percorrido
A competición disputarase na modalidade individual diúrna de tipo individual e contra reloxo, de distancia media e con visita obrigatoria dos controis na orde indicada.
5. Clasificacións
Estableceranse clasificacións feminina, masculina e por universidades.
6. Recoñecemento de créditos ECTS
A Universidade de Vigo recoñecerá a participación nun Campionato Galego Universitario con 7,5 h ECTS.
7. Regulamento
Publicarase como arquivo adxunto.
1.- Organizador: Universidade de Vigo
2.- Lugar: Vilagarcía de Arousa.
3.- Participantes: poderá participar calquera persoa pertencente á comunidade universitaria dalgunha das tres universidades galegas en tripulacións mixtas de 3 ou 4 persoas e sen número máximo por Universidade.
4.- Inscrición: na Universidade de orixe de cada deportista. As da Universidade de Vigo farano nesta mesma web.
5.- Tipo de embarcacións: barcos ELLIOT de 6 m. proporcionados pola organización
6.- Sistema de competición:
7.- Recoñecemento de créditos ECTS: a Universidade de Vigo recoñecerá a participación nun Campionato Galego Universitario con 7,5 h ECTS.
8.- Regulamento técnico: pendente de publicación
1.- OBXECTO:
Este regulamento ten como obxecto regular a organización e o desenrolo do Campionato Interno Universitario de Pádel en categoría mixta, que se desenrrolará do 9 ao 12 de Marzo do 2026 na Cidade Deportiva do Círculo Mercantil de Vigo.
2.- NORMAS SUBSIDIARIAS:
En todos aqueles aspectos e conflictos nos que a solución non estivera recollida na presente Normativa, o en aquelas lagas que se puideran presentar na mesma, aplicaráse como norma subsidiaria o Regulamento Técnico da F.E.P. e, no seu defecto, quedará a súa solución a decisión da Comisión Técnica.
3.- PARTICIPANTES:
Poderán participar membros da Comunicade Universitaria da Universidade de Vigo (alumnos, PDI e PAS).As parellas gañadoras, e que cumpran os criterios de selección impostos pola Universidade de Vigo, representarán a Universidade no Campionato de España Universitario.
4.- INSCRICIÓNS:
A inscrición e totalmente gratuíta por medio da na aplicación web de xestión das competicións da Área de Deportes: https://campusactivo.uvigo.gal E importante indicar a preferencia horaria. Sobre todo, dispoñibilidade para xogar antes das 17:00 horas (hora máxima de remate dos partidos).
O periodo de inscrición vai dende o 1 de febreiro ao 1 de marzo.
Os participantes deberán presentar o D.N.I, pasaporte, carné de conducir ou tarxeta universitaria na propia instalación antes do comezo da competición.
5.- CATEGORÍAS:
O Campionato disputarase nunha sola categoría podendo ser parellas masculinas, femininas ou mixtas).
6.- NORMAS TÉCNICAS
6.1.- SISTEMA DE COMPETICIÓN
A Comisión Técnica indicará en cada Categoría, o sistema de competición, con anterioridade ao inicio da mesma.
Dito sistema de Competición determinarase en función do número de parellas inscritas, e será, ben en sistema de liguilla previa seguida de eliminatorias directas, ben a través de eliminatorias directas e posibilidade
de repesca.
O sistema de competición poderá ser diferente para cada categoría.
A comisión técnica poderá configurar o sistema de competición que estimen e a súa decisión será inapelable.
O calendario de Competición definitivo estará dispoñible na paxina web do Área de Benestar, Saúde e Deporte a partires do martes 18 de marzo.
1.- OBXECTO
Este regulamento ten como obxecto regular a organización e o desenrolo do Campionato Interno Universitario de Pádel en categoría mixta, que se desenrrolará do 24 ao 28 de Marzo do 2024 na Cidade Deportiva do Círculo Mercantil de Vigo.
6.1.- SISTEMA DE COMPETICIÓN:
Dito sistema de Competición determinarase en función do número de parellas inscritas, e será, ben en sistema de liguilla previa seguida de eliminatorias directas, ben a través de eliminatorias directas e posibilidade de repesca.
6.2.- NORMAS XERAIS:
O Campionato rexirase pola normativa vixente de Pádel da Real Federación Española de Pádel, xogándose todos os partidos o mellor de 3 sets, con tie-break en todos eles.
Transcorridos 5 minutos da hora sinalada para o comezo de cada partido, considerarase non presentado o participante que non estivera no campo de xogo. A non presentación do participante considerarase incomparecencia.
Os participantes non finalizan a sua participación no Campionato, ata que non disputan o derradeiro partido programado pola organización.
Os horarios serán inamovibles.
Si antes de comenzar o Campionato, un dos integrantes da parella sufrise algún tipo de percance que lle impedira participar no mesmo, a Comisión Técnica reservase o dereito de admitir a un sustituto, sempre que este último reúna os requisitos estipulados no punto 3 do presente regulamento, e dito cambio sea comunicado ao Área de Benestar, Saúde e Deporte con alomenos 24 horas de antelación ao comezo do Campionato.
Polo contrario, unha vez comezado o Campionato, si por calquera causa un dos membros da parella non puidese continuar coa sua participación, este non poderá ser sustituido, e a parella será eliminada do Campionato; a Comisión Técnica establecerá as correccións oportunas para o adecuado desarrollo da competición.
7.- PREMIOS:
Obterán premio as duas parellas finalistas.
8.- RECLAMACIÓNS:
As posibles reclamacións faránse ante a Comisión Técnica polo propio deportista.
9.- OBSERVACIÓNS:
Todo o que non este previsto en este regulamento se rexirá polas normas da Real Federación Española de Pádel.
Ademais do cumplimento do presente Regulamento, todo participante terá que cumplir a normativa de réxime interno do Círculo Mercantil de Vigo.
A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, organiza o Campionato Universitario de Tenis , dacordo co seguinte regulamento.
1.- PARTICIPANTES:
Poderán tomar parte tódolos membros da comunidade universitaria que o desexen sen mais requisito que a presentación do seu D.N.I. e o Carné Universitario.
2.- CATEGORIAS:
Individual Mixto (mín. 8 jugadores)
3.- ORGANIZACIÓN:
Disputarase no Campus de Vigo e realizarase un cadro coas persoas inscritas e xogándose a eliminatoria directa do 2 ao 26 de marzo.
4.- INSCRICIÓN:
A inscripción faranse na aplicación de inscripciones web da Área de Benestar, Saúde e Deporte ata o luns 23 de febreiro ás 23:59 h. O sorteo será o martes 24 de febreiro.
5.- HORARIO:
Os partidos xogaránse en horarios de mañán ou tarde e, dende alomenos 72 horas antes, figurarán na web da Área de Benestar, Saúde e Deporte. Aqueles participantes que teñan problemas de horarios rógase o comuniquen no apartado de observación da inscripción, estas observacións serán unha guia na hora de facer os horarios pero non significa que non lles toque disputar algún encontro dentro dos mesmos. Será obriga de cada xogador informarse da hora dos seus partidos.
6.- INCOMPARECENCIA (W.O.):
Aplicaráse rigorosamente o xogador/a que non compareza na pista transcorridos dez minutos despois da hora fixada para o comezo do partido..
7.- ARBITRAXE:
No caso de que fora necesario, todo participante está na obriga de arbitrar un partido do campionato se así o decide o xuiz árbitro.
O Xuíz Árbitro do Campionato será a Área de Benestar, Saúde e Deporte, o cal nomeará os auxiliares que precise.
8-.- NORMAS XERÁIS:
Todos os partidos xogaránse segundo as normas dos CEU (Campionato de España Universitario), porlo que serán o mellor de tres sets, aplicándose o desempate (Tie Break) en todos eles, a excepción do terceiro set que será un super-tiebreak (a 10 puntos) salvo en semi-finais e finais do cadro principal que se xogará ao mellor de tres sets con tie-break en todos eles.
O Campionato xogaráse con pelotas facilitadas pola Área de Benestar, Saúde e desta Universidade, estando os xogadores na obriga de devolvelas o remate do encontro.
Todas as cuestións que se susciten e non figuren no presente Regulamento, serán resoltas polo Xuíz Árbitro do Campionato e Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, sendo o seu fallo inapelable.
pelable.
1.-PRAZO DE INSCRICIÓN:
Dende o 14 de febreiro ao 3 de marzo ás 14:00 h. no apartado de inscripción en campionatos da nosa web https://campusactivo.uvigo.gal/
2.-PARTICIPANTES:
Poderán participar todos os membros da Comunidade Universitaria: alumnos,
PDI e PAS, que acrediten esta condición.
3.-FASES:
1ª Fase por grupos
2ª Fase eliminatoria (para os 8 mellores)
4.-HORARIOS E LUGAR DE XOGO: Pavillón Universitario Campus de Vigo.
5.-SISTEMA DE XOGO:
Sistema Corbillón o mellor de 3 xogos de 11 puntos. Fase Liguiña
Sistema Corbillón o mellor de 5 xogos de 11 puntos. Fase Eliminatorias.
6.-SORTEOS:
O calendario de xogo poderá verse na web da Área de Benestar, Saúde e Deporte dende o 4 de marzo.
7.-COMITÉ DE COMPETICIÓN:
O Xuíz Único de Competición será o Técnico en Actividades Deportivas do Campus de Vigo, e tomará decisións cando sexa preciso.
8.- FASE POR GRUPOS:
8.1.- En competición por grupos o de "todos contra todos", cada membro do grupo xogará contra todos os demáis membros; adxudicaranse 2 puntos por partido gañado, 1 punto por partido xogado e perdido e 0 puntos por partido perdido que non se xogara ou non se termine. A orde de clasificación quedará determinado en primeiro lugar polo número de puntos de partido obteñido.
8.2.- Si dous o máis membros do grupo obteñen o mesmo número de puntos, a suas posicións relativas determinaranse solamente polos resultados dos partidos disputados entre eles, e se considerarán sucesivamente o total de puntos de partido, os coeficentes entre victorias e derrotas en partidos individuais (para unha proba por equipos), xogos e tantos, ata donde sexa necesario para establecer a orde da clasificación.
8.3.- Si, en cualquer fase de este cálculo, os postos de un ou máis membros do grupo son determinados, mentras que os outros ainda están igualados, os resultados dos partidos nos cuales estos membros participen excluiránse de calquer cálculo posterior que se necesite para resolver a igualdade do acordo cos procedementos establecidos nos artígos.
8.4.- Si non e posible resolver os empates polo procedemento especificado, os postos relativos decidiranse por sorteo.
Vigo, 10 de febreiro de 2022
Datas de matrícula: do 22 de setembro ao 2 de outubro de 2026
Duración: 25 horas (24 horas presencias máis unha hora de traballo persoal)
Obxectivos:
Non se requiren coñecementos previos avanzados, aínda que se recomenda familiaridade básica con sistemas informáticos.
Docente: Luis Fernández Couñago
Consultar condicións da inscrición
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Non se requiren coñecementos previos. Dirixido a persoas interesadas en tecnoloxías da información, DevOps e infraestruturas modernas. Formación orientada á práctica con exemplos reais e guía paso a paso.
Docente: Luís Fernández Couñago
O Coro do campus de Pontevedra configurase como un espazo de encontro humanístico, artístico e formativo así como un punto de encontro interxeracional de toda a comunidade universitaria da UVigo e da cidadadía en xeral. Un dos obxectivos é o de dar forma a un novo repertorio que se achegue tamén a novas tendencias musicais. Nese senso, as sesións que se desenvolven cada semana combinan un bloque inicial centrado na linguaxe musical como a preparación dunha serie de pezas de diferentes épocas e estilos.
Poderán solicitar a participación no Coro Universitario do campus de Pontevedra as persoas que pertenzan á comunidade universitaria da UVigo e a ciudadanía en xeral, sempre que sexan maiores de idade.
DÍAS E HORAS: Os martes do 13 de outubro de 2026 ata o 8 de xuño de 2027 De 19.00 a 21.00 horas
MATRÍCULA: As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a vic.pon@uvigo.gal no que indicarán o seu nome completo e apelidos, dni ou nie e o colectivo ao que pertencen. Achegarán un currículum relacionado con esta actividade. O prazo de solicitudes será ata o 5 de outubro de 2026, ás 23.59 horas (hora peninsular española).
A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
PRAZAS: 25 Este número de prazas poderase ir incrementando ao longo do curso a criterio da docente en función das necesidades. A vicerreitora do campus de Pontevedra autorizará o denegará esta petición. SELECCIÓN: A docente, con obxecto de garantir un nivel mínimo de calidade inicial, seleccionará de entre as persoas participantes aquelas que cumpran cos requisitos técnicos de acceso mediante unha proba que terá lugar o día 13 de outubro de 2026 ás 19.00 horas no lugar que lles será comunicado. Rematada a proba, as persoas seleccionadas para o Coro do Campus de Pontevedra recibirán un correo electrónico indicándolles que deberán matricularse a través do campusactivo.uvigo.gal no prazo indicado.
DOCENTE: María Luisa Sánchez González, licenciada en musicoloxía pola Universidade de Oviedo e titulada profesional en piano polo Conservatorio de Xixón.